En canto as procedencias, foron os turistas galegos os que máis visitaron o Castelo, pero o Concello de Alfoz recibiu visitas doutras comunidades autónomas, destacando Madrid, Asturias e Castela León. Por último mencionar as visitas internacionais procedentes de Alemaña e Francia.
Así mesmo, durante o venres 19, sábado 20 e domingo 21 puideron degustarse en cinco dos establecementos hostaleiros do concello as tapas propostas para a V edición da Ruta das Tapas e sortearanse tres premios de 200 euros en vales de compra entre tódolos participantes que votaron á mellor tapa e entregarase trofeo para o establecemento que presentou a tapa gañadora.