Viveiro 6-4-19. A viveirense Alba Sanjurjo Penabad será a alcaldable en Viveiro por
Compromiso por Galicia. O partido galeguista fai así unha clara aposta por unha maior
implicación da muller e a xuventude nas políticas municipais.
Neste sentido, a executiva local de Compromiso por Galicia traballa arreo co
obxectivo de confeccionar “unha lista que aporte solucións reais aos problemas da
Cidade do Landro”, segundo manifesta a propia Alba.
Alba Sanjurjo ten 28 anos de idade e formouse como educadora no Ciclo Superior de Educación Infantil. A candidata de Compromiso Por Galicia en Viveiro defende un galeguismo “cos pés na Terra, non independentista, transversal e de participación cidadá, con clara vocación europeista”. A viveirense quere “construír un futuro que ilusione a todos os veciños e veciñas de Viveiro. E non hai mellor forma de acadalo que facer que sumen as opinións de todos e todas, para dotar ao Concello con
alternativas posibles e deixarnos de discursos que non aportan nada novo e nos
manteñen atrancados como comunidade”.
“O noso programa de acción tratará de xuntar e non de separar á xente de Viveiro”, afirma Alba, que cre que “o concello ten unhas posibilidades enormes, e Compromiso por Galicia ven a traballar en Viveiro na tarefa de xuntar esforzos, e tamén coa determinación clara de ser consecuentes e constantes nas políticas que benefician á
xente do noso pobo”.