Foz, 16 de abril de 2019. A XVI Ruta das Tapas e a campaña Comercio na rúa son as propostas do Centro Comercial Aberto para esta Semana Santa.
O Comercio na Rúa desenvolverase os días 17, 18 e 20 de abril. Os 25 comercios participantes ofrecerán descontos especiais e instalarán os seus postos na rúa. Desde o CCA advirten que “en caso de mal tempo os establecementos ofrecerán os descontos no interior dos seus locais”.
Os comercios sumados a esta iniciativa son: 5 Lobiños, Alma Libre, Arrullos, Briz Peluquería, Carmen León Zapatería, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, N1 Deportes, OfiFoz, Sensación Surf, Sueños, Unique-2, Vagaluz, Vas´s, Vas´s Outlet e Xanela. Algún destes establecementos, polas características da súa actividade, ofrecerán os seus descontos no interior do local.
Na campaña organizada polo CCA colaboran o Concello de Foz e a Xunta de Galicia.
E do 18 ao 20 de abril celebrarase en Foz a 16ª Ruta de Tapas, que tamén organiza o Centro Comercial Aberto. Nesta tradicional cita gastronómica participarán 15 establecementos hostaleiros que ofrecerán as súas creacións desta cociña en miniatura en horario de 13 a 15 horas a mediodía e de 20 a 23 horas polas noites.
As tapas desta décimo sexta ruta poderán saborearse en: A Bolera, Aroma Café, Bar 78, Bar O Pelolo, Cafetería Express, Cafetería Happy Days, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Restaurante Xoyma, Espacio Machete, O Muelle Bar, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón. O prezo das tapas que se poderán degustar nestes locais será de 2 euros.
O presidente de ACIA/CCA de Foz, José Carlos Paleo, anima “a achegarse a Foz estes días de Semana Santa. Temos varias propostas interesantes tanto no comercio coma na hostalería. Os que nos visiten poden dar un paseo polas nosas rúas nas que atoparán produtos de tempada con descontos moi interesantes e poden saír tamén tomar un aperitivo, a mediodía ou pola noite, acompañado dunha rica e orixinal tapa. Hai que aproveitar estes días de descanso para disfrutar da oferta de ocio coa que contamos en Foz”.