O Goberno galego reserva para este fin 591.000 euros que contribuirán á modernización da calzada, en concreto, mediante a disposición dunha nova capa de rodadura nos treitos nos que sexa necesario, reperfilado e limpeza das marxes e colocación de barreiras de seguridade e repintando de todas as marcas varia. Tamén está previsto executar, naqueles puntos nos que hoxe non existen, gabias de seguridade
A previsión é a de actuar en oito quilómetros, isto é, na totalidade do percorrido da estrada de titularidade autonómica coa disposición de firme con mestura bituminosa en quente, do que actualmente carece, pois a vía está construída en rego con grava.
Balseiro lembrou que o Goberno galego actúa en resposta a unha demandada impulsada polo Concello de Foz, e liderada polo propio alcalde, Javier Castiñeira, ao quen quixo dar conta do avance deste trámite administrativo que supón o inicio do proceso de contratación da obra.
A mellora da estrada LU-151 contempla un prazo de execución de cinco meses desde que teña lugar a formalización do contrato da obra e beneficiará dun xeito moi directo á veciñanza das localidades enlazadas –principais usuarios da vía- pero tamén aos máis de 10.000 habitantes da zona.