Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta executa as obras de mellora do firme da estrada LU-159 en Coto da Recadieira, no Concello de Mondoñedo

Mondoñedo, 16 de abril de 2019.- A Xunta de Galicia executa as obras de mellora da estrada autonómica LU-159, no concello de Mondoñedo, que discorre por Coto da Recadieira e enlaza coa LU-160 (Mondoñedo-Ferreira do Valadouro).

A actuación comezou a semana pasada coa limpeza de marxes e cunetas e hoxe iniciáronse os traballos de mellora do firme, que está previsto que queden completados mañá. A continuación, realizarase o repintado das marcas viarias.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, salientou que as obras suporán dotar á calzada dunha nova capa de rodaxe con mestura asfáltica en quente en todo o treito. A actuación ten un orzamento próximo aos 42.000 euros para actuar ao longo dos 770 metros de lonxitude da vía, que formaba parte do antigo trazado da LU-160.

Os traballos están incluídos no contrato de conservación integral das estradas da rede autonómica na zona norte da provincia de Lugo, que coordina a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Exit mobile version