Santiago de Compostela, 4 de abril de 2019.- Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Lugo veñen de esclarecer o incendio que deu comezo o pasado 12 de marzo na parroquia de Budián, no concello do Valadouro.
Os axentes tomaron declaración a un varón como presunto autor do incendio forestal. O lume produciuse cando o investigado realizaba unha queima de restos agrícolas sen adoptar medidas de seguridade, o que resultou na súa propagación ás fincas lindeiras. Arderon 0,33 hectáreas de superficie rasa. Do actuado, remitíronse dilixencias ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Mondoñedo (Lugo).
Na actual campaña contra os incendios forestais do 2019, un total de 27 persoas foron investigadas pola Policía da Xunta de Galicia, como presuntas autoras de incendios forestais.