Burela 9-4-19. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo volveu promocionar os seus produtos pesqueiros no Salón Gourmets, a Feira Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade, que se está a celebrar esta semana en IFEMA Madrid.
A través dun showcooking que tivo lugar na mañá do luns no stand da Confederación Española de Pesca (CEPESCA), degustáronse as receitas “Platiño de Pescada do Pincho de Burela con tapenade de oliva negra” e “Cullerciña de pemento con Xarda de Burela”.
Estas accións inclúense dentro do programa “El Mapa de los Sabores del Mar”, co que colabora a OPP Lugo e no que CEPESCA destaca a orixe, a zona e arte de pesca coa que se captura cada especie, así como as súas principais propiedades nutritivas e gastronómicas.
A pescada do pincho de Burela, como especie de maior importancia comercial na súa lonxa, e a xarda, como un peixe azul de temporada de importante rendabilidade para as flotas de cerco e arrastre de litoral; foron as especies que a OPP Lugo escolleu para a degustación desta edición da Feira Gourmet.
Ademais da pescada do pincho e a xarda de Burela, tamén se puidieron degustar outros produtos pesqueiros, como a gamba roja e a pintarroja de Almería, o langostino de Sanlúcar, o pulpo de Mauritania, o calamar de Malvinas ou o atún rojo do Mediterráneo.