Alfoz, 28 de abril de 2019. Durante as fines de semana do mes de abril, os veciños de Alfoz demostraron todo o seu potencial nas probas deportivas, culturais, artísticas e xogos populares durante a VI edición das Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz 2019.
Trala suma da puntuación das catro xornadas, a parroquia gañadora desta edición foi a de Carballido que acadou os 541 puntos na clasificación xeral. O segundo posto foi para a parroquia de Lagoa con 497 puntos, e o terceiro posto para a parroquia de Mor con 458 puntos.
Dende a organización agradecer a tódolos participantes e a colaboración de tódalas persoas que axudaron a facer posible a VI edición das Olimpíadas Interparroquiais.