Todas as persoas concentradas son beneficiarias dos programas que se desenvolven a través do recadado marcando o recadro 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social” na declaración, un simple xesto que non custa nada, e que axuda a moitas persoas a través de programas tan diversos como atención de persoas sen fogar, persoas con discapacidade, maiores, mulleres en dificultade social, vítimas de violencia de xénero…
Dende as entidades concentradas resaltaron a importancia de marcar a X, porque “beneficia directamente a milleiros de persoas en Galicia”.
Todas as entidades concentradas representan ao Terceiro Sector galego e todas coinciden na necesidade de “facer un chamamento á cidadanía para que marque o recadro do X Solidario. A Administracion ofrécenos a posibilidade de decidir a que queremos destinar unha parte do diñeiro que se recada cos nosos impostos. En concreto o 0,7 %. Esa porcentaxe irá destinada a facer proxectos sociais para as persoas en risco de exclusión social. España é un dos países con máis desigualdades dentro da Unión Europea. Hai 13 millóns de persoas que están en situación de pobreza e se tódalas persoas que non marcan a X Solidaria o fixeran, poderíamos recadar 11 millóns de euros máis”.
Mediante estas concentracións cidadás, dende os movementos asociativos queren destacar que o feito de marcar o recadro de Fins Sociais é un dereito que temos toda e todos: escoller a onde van a parar os nosos impostos. O que pretendemos con esta campaña, é animar á xente a que marque o recadro de “Actividades de interese xeral”, porque non estaremos pagando máis impostos, nin recibiremos menos cartos no caso de devolución: o que faremos será contribuír á organización de programas e proxectos para as persoas en risco de excusión social”