Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociacion de Axuda ó Enfermo Mental Á Mariña celebrou os segundos Xogos Olímpicos

A Mariña 5-4-19. Con motivo da celebración do Día Internacional do Deporte, a Asociación de Axudaó Enfermo Mental Á Mariña, recadou aos seus atletas para participar, por segundo ano consecutivo , nos Xogos Olímpicos.
A actividade tivo lugar onte, día 4 de Abril, no pavillón de San Román , a partir das 11:00 horas e nela participaron 65 persoas.
Ás 11:30 horas, procedemos ó encendido da chama olímpica e fixemos unha presentación de todos os equipos participantes que vestiron cunhas camisetas de cores. Todos unidos nun gran equipo, ainda que rivais nesta ocasión, defenderon a súa cor na xornada de xogo ,que contou con nove probas: “Carreira de sacos”, “O Salto máis grande”, “Carreira de relevos” “Atínalle ó aro “, “Carreira de ovos”, “Quen corre máis”, “ovos olímpicos”, “aros olímpicos”, “globos voadores”, “goleador” , “compañeiros de canicas”e “voa o disco” , onde os equipos loitaron por acadar a puntuación máxima de cada proba.
Despois dunha mañá chea de xogos, todos os participantes comeron un merecido xantar no pavillón deportivo e disfrutaron cos seus compañeiros da experiencia vivida.
A actividade física, desencadea beneficios de mellora da autoestima, socialización e ansiedade; por iso, considérase o deporte como un campo moi importante para fomentar a calidade de vida diaria.
O deporte, ofrece, novas oportunidades para a recuperación de persoas con enfermidade mental, construindo unha imaxen positiva e deixando atrás ideas e creencias erróneas sobre este colectivo. Considérase un componente importante e beneficioso xa que constistúe unha maneira de cubrir as necesidade básicas e de favorecer o benestar físico, emocional e social.
Para rematar, ás catro da tarde, tivemos o pracer de recibir ó Señor Alcalde de Cervo, Don Alfonso Villares, así como ó Tenente Alcalde, Plácido Pérez para facer entrega dos trofeos e coñecer o nome do equipo gañador.
Dende Á Mariña queremos resaltar a importancia do efecto positivo da actividade deportiva na calidade de vida das persoas con transtornos mentais e, para iso, o celebramos con esta xornada única e especial.

Exit mobile version