Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociacion de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña celebra os segundos xogos olímpicos

A Mariña 3-4-19. Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL do DEPORTE, a Asociación de Axudaó Enfermo Mental Á Mariña, recada ós seus atletas para participar, por segundo ano consecutivo , nos Xogos Olímpicos.
A actividade terá lugar o próximo 4 de Abril do 2018 no pavillón de San Román , a partir das 11:00 horas e nela participarán 65 persoas.
Ás 11:30 horas, procederemos ó encendido da chama olímpica e faremos unha presentación de todos os equipos participantes que vestirán cunhas camisetas de cores. Todos unidos nun gran equipo, ainda que rivais nesta ocasión, defenderán a súa cor na xornada de xogo ,que contará con nove probas: “Carreira de sacos”, o “Salto máis grande”, “Carreira de relevos” “Atínalle ó aro “, “Carreira de ovos”, “Quen corre máis”, “ovos olímpicos”, “aros olímpicos”, “globos voadores”, “goleador” , “compañeiros de canicas”e “voa o disco” , onde os equipos deberán loitar por acadar a puntuación máxima de cada proba.
Despois dunha mañá chea de xogos, todos os participantes comerán un merecido xantar no pavillón deportivo e disfrutarán cos seus compañeiros da experiencia vivida.
A actividade física, desencadea beneficios de mellora da autoestima, socialización e ansiedade; por iso, considérase o deporte como un campo moi importante para fomentar a calidade de vida diaria.
O deporte, ofrece, novas oportunidades para a recuperación de persoas con enfermidade mental, construindo unha imaxen positiva e deixando atrás ideas e creencias erróneas sobre este colectivo. Considérase un componente importante e beneficioso xa que constistúe unha maneira de cubrir as necesidade básicas e de favorecer o benestar físico, emocional e social.

Para rematar, ás catro da tarde, teremos o pracer de recibir ó Señor Alcalde de Cervo, Don Alfonso Villares, así como á Concelleira de Servizos Sociais, Dna. Pilar Armada, para facer entrega dos trofeos e coñecer o nome do equipo gañador.
Dende Á Mariña queremos resaltar a importancia do efecto positivo da actividade deportiva na calidade de vida das persoas con transtornos mentais e, para iso, celebrarémolo con esta xornada única e especial.

Exit mobile version