Viveiro 17-4-19. O domingo celebrouse na Coruña, o XII Campionato Galego de Maratón, nun circuíto homologado que discurreu polas principais rúas herculinas, cun número importante de participantes, que tomaron a saída ás 8:30 horas dende o Cantón grande. A proba desenrolouse cun bo tempo.
Por parte do club viveirense participaron un total de 9 atletas, que demostraron un ano máis estar ó máis alto nivel autonómico, acadando 4 ouros e 2 bronces e proclamándose no apartado feminino campionas galegas por equipos. Os medallistas foron: Isabel Brea, campeona galega en W65, Manuela Guisasola campeona galega en W55 e a súa compañeira Susana Parguiña medalla de bronce en W50. Estas tres atletas proclamáronse campionas galegas no apartado femenino por equipos. No masculino: Antonio Cabana con 79 anos e un tempo de 4 horas e 41 minutos proclamouse campión galego de M75, Emilio Martínez foi campeón galego en M55 e Eliseo López foi medalla de bronce en M65.
Outros atletas como: Emilio Toral acadou a cuarta posición en M60 e o seu compañeiro de equipo, Jose Luís Meizoso a quinta en M60. Constantino Fernández, que debutaba na distacia, foi séptimo na categoría de M55.