O Sábado 6 de Abril, ás 15:30h sairán da Praza da Catedral os participantes da Andaina Solidaria “Calexóns de Mondoñedo” para percorrer 4 km polos lugares máis fermosos e representativos da cidade. A recaudación irá destinada á Asociación de afectados polo Síndrome de FIRES, unha enfermidade rara da cal está afectada Alexia, unha menor do veciño Concello de Alfoz.
O Domingo 7 de Abril, chega o día mais intenso co Toxiza Gran Trail, unha carreira de montaña con tres opcións diferentes de distancia e desnivel: 14, 21 e 42 km onde os participantes, unha vez recollido o dorsal e a bolsa do corredor con camiseta conmemorativa e productos da zona (bote de mel Ouro Puro, Tarta de Mondoñedo, Fabas de Lourenzá, Cervexa Artesá Augas Santas e botella de auga Fontecelta), terán ocasión de subir a través de pistas e sendeiros ata o Pico Toxiza, percorrer lugares idílicos como a Fraga Vella ou subir ata a Pena da Roca antes de regresar á Praza da Catedral, onde se fará a entrega de trofeos. Haberá avituallamentos durante e ó final de cada distancia e servizo de ludoteca para os máis pequenos, así como un xantar de confraternidade para corredores e voluntarios no pavillón municipal.
As inscricións rematan este domingo, 31 de Marzo, pola noite ou ata completar as prazas ofertadas. Pódense realizar na plataforma de xestión de eventos e cronometraxe Galitiming.com.