Site icon Crónica3.com A Mariña

Resolución da valedora á reclamación de Por Nuestro Faro

Ribadeo 5-3-19. Como xa temos informado anteriormente, o Colectivo “Por Nuestro Faro” viuse obrigado a recurrir á Valedora do Pobo Galego, diante da negativa do Sr. Alcalde de Ribadeo a cumplir a súa obriga de dar información dacordo ca lei de transparencia. Agora recibimos unha resolución da Valedora do Pobo da que transcribimos literalmente os parágrafos finais:

« ACORDA:
Primeiro: Estimar parcialmente a reclamación presentada polo Colectivo “POR NUESTRO FARO” con data 11 de xaneiro de 2019 no referente á remisión da información sobre os trámites e requisitos para a concesión de licencia de actividade para uso hoteleiro en Illa Pancha.
Segundo: Instar ao Concello de Ribadeo, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada nos termos expresados no fundamento de dereito quinto deste acordo, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei […]. »

A cousa está ben clara, o dia 16 de febreiro de 2017 o Defensor del Pueblo dábanos a razón con toda contundencia sobre as reclamacións na tramitación do expediente que conduciu á concesión do Faro e o Sr. Alcalde tirábase a andanas. Agora a Valedora do Pobo Galego danos a razón na nosa reclamación por ocultismo e falla de información, e esixe ao Sr. Alcalde que nos informe dacordo ca lexislación vixente. Veremos a onde chegamos pero volvemos a insistir na pregunta do millón: ¿por que non se pode dar unha información clara e transparente sobre a concesión dunha licenza municipal? ¿que hai que ocultar? ¿por que temos que recorrer, os veciños, a estas institucións para conquerir que se respeten os nosos dereitos?
Pero o asunto da foxa séptica non remata na súa instalación e tramitación do proxecto. Entendemos que o Concello de Ribadeo debe facer o control do baleirado da foxa-depósito, de tan só 2000 litros, que se supón que se está usando na actualidade mentras non se autorice o verquido. O Concello debera comprobar con que frecuencia se fan os baleirados, o volume extraído en cada viaxe e o lugar de verquido. Todo elo a través dos documentos que a empresa xestora de residuos está obrigada a cumprimentar e deixar copia no Concello. Desa maneira saberíanse se os volumes baleirados se corresponden co uso dos apartamentos. Se non houbese unha correspondencia xutificada estaríamos diante da posibilidade de que a foxa estivese verquendo directamente sen autorización. Así que, como dixemos, agardaremos pola información sobre a licenza, que o Sr. Alcalde nos negou reiteradamente e agora se ve obrigado a dar pola Valedora do Pobo. E seguiremos esixindo máis información como é lóxico e natural nunha sociedade democrática.

Colectivo «Por Nuestro Faro»

Exit mobile version