Site icon Crónica3.com A Mariña

Quedan prazas no Obradoiro “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais” en Pol

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2019.- Aínda hai prazas no obradoiro gratuíto “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais (CCMMVV)”, orientado a amosar como impulsar a rendibilidade e a creación de empregos nestas superficies, especialmente entre a xuventude, mediante o emprendemento de actividades económicas e baixo o modelo de negocio cooperativizado.
A formación desenvolverase en cinco xornadas, do 25 ao 29 de marzo. Cada día afondarase nun tema: Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV, Fiscalidade, Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de xestión forestal segundo a Lei de Montes.
Tamén se amosarán exemplos de iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, en áreas coma a castaña, a oliveira, o porco celta, a resina e a eficiencia enerxética.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse durante a semana chamando ao 981 58 47 83 ou en www.agaca.coop.

Lugar: Salón de Actos do Centro Sociocultural de Mosteiro-Pol, Praza de Galicia – Mosteiro Nº1, Pol.
Datas e horarios:
-Do luns, 25 de marzo, ao venres, 29 de marzo.
– De 16:00 a 19:00 h.

Exit mobile version