Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeira concentración turística de autocaravanas en Alfoz

Alfoz, 29 de marzo de 2019. A Asociación Galega de Autocaravanas (AGA) xunto coa delegación de Cultura e Turismo do Concello de Alfoz organizan este fin de semana a primeira xuntanza de autocaravanistas na área de servicio do concello de Alfoz.

Durante o fin de semana están programadas distintas visitas e rutas guiadas para os participantes. O sábado visitarán o Castelo do Castrodouro onde poderán ver as exposicións “Escuelas Unitarias de Alfoz” e “Percorrido polos Tesouriños da colección numismática do Museo Provincial de Lugo” que actualmente albergan as instalacións do Castelo do Castrodouro e visitar o Museo das Zocas con demostración do zoqueiro Alberto Geada. Ademáis realizarán a visita guiada a Pena Abaladoira e a Fervenza do Escoudiral. Para a xornada do domingo está programada a andaina ruta do río Ouro con visita a Finca Galea.

De este modo ademais de inaugurar oficialmente a área de servicios de Autocaravanas do concello de Alfoz, preténdese dar a coñecer os recursos turísticos do concello a todos os participantes nesta primeira concentración turística de autocaravanas.

Exit mobile version