Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do libro “O futuro das pensións. Galiza, Estado español e Europa” en Ribadeo

Ribadeo 4-3-19. A eurodeputada galega Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), a portavoz da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións e integrante do Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN), Victoria Portas, e o escritor e economista Xabier Pérez Davila, presentarán este sábado día 9 de marzo, ás 18,00 horas no Cine-Teatro de Ribadeo o libro ‘O futuro das pensións. Galiza, Estado español e Europa’, nun acto organizado polo Grupo local do Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN) e polo Sindicato Labrego Galego (SLG).
A publicación, cuxa versión impresa se repartirá e forma gratuíta no propio acto, e cuxa versión dixital está dispoñible na páxina web da eurodeputada (https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/11/Libro-O-futuro-das-pensions-na-Galiza-Estado-español-e-Europa.pdf), recolle textos dunha quincena de expertos e expertas en seguridade social, materia laboral e xubilación e pensións de diferentes partes do Estado español e doutros países da UE, que participaron no mes de setembro de 2017 nunha xornada organizada por Senra en Compostela sobre esta cuestión (https://lidiasenra.gal/alianza-europea-desde-galiza-na-defensa-dos-sistemas-de-reparto-que-financian-as-pensions-publicas/).

Exit mobile version