Site icon Crónica3.com A Mariña

Plan de embelecemento urbano e coidado de Espazos Públicos “Viveiro un museo ó aire libre”

Viveiro 28-3-19. Debido ó abandono e desgaste de lugares, parques e zonas naturais e urbanas. propón ós próximos gobernos do Concello elaborar a creación de un Plan de Embelecemento Local. Na que participen Artistas, Comerciantes, Urbanistas, Axentes Culturais. Existen estos programas en distintas vilas turísticas e históricas ó longo da Penínsulas.Fuerteventura, Mutxamiel, San Pedro de Alcántara, Urduña, Getafe, Huelva o Baleares. Exemplos ó longo do mundo. Sitios que se viron descoidados pola desmesura no boom da construción, pola contaminación e pola falta de tacto ou bo gusto. Temos que crear unha liña a seguir de futuro que conserve o noso e implante unha esencia máxica e única, sen ir tan lonxe, como teñen vilas veciñas de Cantabria ou Asturias.
A Idea sería a seguinte, ver nas nosas rúas e ambientes públicos arranxados e potenciados.
Este proxecto traería repercusión social, de calidade vital e económica, está claro que sería un plus para o crecemento cultural, comercial e turístico.
O custe non sería elevado, as cousas ben custan menos ó longo que mal feitas. Sería cuestión de creatividade. Simplemente habería que reutilizar/reciclar material que hai nos depósitos, crear concursos para arte urbán ou premios pola conservación e engalamento de vivendas, replantar xardíns e zonas verdes con árbores autóctonas ou exóticas, barrios por cores, esculturas, vinilos, ocograbados ou pintados con frases dos nosos ilustres literatos, bancos rústicos, doazóns e apertura a posibles filántropos ou colaboradores, murais tapiando defectos, placas informativas cos sitios importantes e casas nas que naceron ilustres, urbanismo cívico con apertura de espazos, sendeiros, peonalización … e un senfín de ideas.
A clave sería humanizar e dotar de encanto áreas como Cantarrana, Celeiro, Verxeles, Misericordia, Xunqueira, Covas, Magazos … e extender este programa ás áreas rurais onde hai un gran canteira.

Antonio Lage-Seara
Concelleiro PP de Viveiro

Exit mobile version