Lugo, 28 de marzo, 2019. Os candidatos do Partido Popular ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo serán presentados este venres 29 de marzo nun acto que contará coa presenza do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.
O acto desenvolverase na sede do PP lucense a partir das 19.30 horas coas intervencións do presidente galego do Partido Popular e dos cabeza de lista pola nosa provincia despois de realizar unha foto de grupo.
Candidatos
A lista que presenta o PP pola provincia de Lugo ao Congreso dos Deputados está encabezada polo avogado viveirense Jaime de Olano, concelleiro do PP en Viveiro e deputado no Congreso dende o 2011 onde exerceu como portavoz adxunto do Grupo Parlamentario Popular desde xullo de 2018.
Joaquín García Díez, número 2 da lista, é biólogo. Foi alcalde de Lugo e formou parte dende o 2004 do Grupo Parlamentario Popular no Congreso onde foi portavoz de Pesca e portavoz da mesma materia na Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación.
A farmacéutica e concelleira focense de asuntos sociais, sanidade, educación, muller, xuventude e inmigración, Mercedes González Alonso, sitúase no número 3 da lista popular lucense ao Congreso que pecha María del Mar Carballas Piñeiro.
Javier Santín Vilor, María Manuela Carballeira García, Jesús Rodríguez Martínez, María José Blanco Freire e Begoña Sanjurjo Santar completan a candidatura popular como suplentes.
O senador e membro da Deputación Permanente, José Manuel Barreiro Fernández, encabeza a candidatura do PP pola nosa provincia ao Senado. Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais e catedrático da USC, é na actualidade portavoz adxunto do Grupo Popular no Senado onde tamén exerceu previamente como portavoz e portavoz de Economía. Miguel González Lemos e Eugenia Vizcaíno Gómez son o seu primeiro e segunda suplente, respectivamente.
A xestora administrativa; concelleira de xuventude, voluntariado e turismo no Concello de Quiroga dende o 2011 e presidenta de NNXX da provincia, Rosa Arza, ocupa o segundo lugar da candidatura do PP ao Senado por Lugo. E no número tres figura Manuel Lorenzo Varela, diplomado en Ciencias Sociais e alcalde de Chantada.
Gerardo Criado, senador durante a última lexislatura, xunto a Eugenia Requeijo son os suplentes da número 2 ao Senado; mentres que os suplentes do número 3 son Javier Varela e Remedios González Cabarcos.