Rivera Capón explicou que “o CB Burela leva 15 anos facendo un gran traballo polo deporte base na Comarca da Mariña, conta con 11 equipos, con 120 fichas, das que preto da metade son femininas, unha clara aposta polo deporte como medio para acadar a igualdade que desde o Goberno da Deputación compartimos”.
O Club conta con equipos nas categorías de babybasket, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e júnior; dos 11 equipos 10 participan na liga provincial Federada, e ademais o equipo infantil masculino compite na Liga Galega.
“A pesar das dificultades, o CB Burela, é un dos clubs de referencia no baloncesto da Mariña e da provincia, logrando manter o número de fichas, ou incluso incrementalas, espallando o deporte e apoiando que os máis novos se formen en valores deportivos e desfruten dos beneficios sociais e para a saúde que a súa práctica implica” destacou o Deputado.