Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello burelés celebrou o Día Internacional do Consumo Responsable con actividades na fundación eu son

Burela, 15 de marzo de 2019. Hoxe, 15 de marzo, celébrase o Día Internacional do Consumo Responsable. A súa finalidade é promover e practicar o consumo responsable de produtos e recursos, segundo explica a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben.
As monitoras do Centro de Educación Gaia organizaron na Fundación Eu Son unha actividade titulada Xogos interactivos para aprender a ser un consumidor responsable, que se desenvolveu nas xornadas de onte e do pasado luns.
Os usuarios aprenderon sobre os hábitos de consumo e compras responsables decidindo que facer cos residuos que se xeran e evaluando as consecuencias das súas accións.
Noelia Mª Ben declarou que “un tercio dos alimentos que se producen no mundo para o consumo humano acaban desperdiciados, dando lugar a un problema con serias consecuencias ambientais, económicas e sociais”.

Exit mobile version