O Deputado de Mocidade, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, participaron este xoves, no Círculo das Artes, na presentación do libro-disco da ópera A viaxe de Brandán, baseada na obra orixinal de Xohán García Rompe. A viaxe de Brandán trátase dunha obra na que se mesturan as fantasías, os mitos, as lendas e as aventuras facendo ao mesmo tempo música e literatura. A ópera foi posta en escena na Casa da Cultura de Burela no ano 2015, na que participaron como letrista Xulia Nogueira, como compositor Xan Carballal, e como deseñador Tomás López Retorta, a edición correu a cargo do Concello de Burela.