Site icon Crónica3.com A Mariña

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, propón un proxecto serio e con orzamento para a praia das Catedrais e critica a Fernando Suárez polo mal estado no que se atopa o entorno do famoso areal

Ribadeo, 28 de marzo de 2019. O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ribadeo, Daniel Vega, propón un proxecto serio e con orzamento para a praia das Catedrais e critica a Fernando Suárez e ó seu goberno municipal polo mal estado no que se atopa o entorno do famoso areal, con lixo e mobiliario deteriorado.
Daniel Vega explica que “todos os días escoitamos e lemos grandes titulares sobre a praia das Catedrais por parte do señor Suárez, que fala moito dese areal pero non concreta ningunha medida para As Catedrais. Podíamos dicir aquelo de anuncios Suárez, pero nunca se concretan ningún dos seus anuncios. E nós preguntámonos se hai algún proxecto para As Catedrais, e o máis importante, se ese respaldo económico existe, porque calquera proxecto que se presente sen orzamento é un anuncio pero ese nunca se vai converter nunha realidade”.
O alcaldable do PP ribadense engade: “eu pediríalle ao señor Suárez que cumpra coas súas funcións, cos súas competencias de limpeza e conservación do entorno das Catedrais, que lle corresponde ao señor Suárez; que mire como está: as papeleiras rotas, e as que non están rotas están abarrotadas de lixo. Os bancos que non están pintados ou rotos non existen porque xa se quitaron do sitio. Os adoquíns están rotos e os que non están rotos están soltos. Os puntos de interese, que se puxeron por parte do Concello, os que non están rotos están pintados, e os que non están pintados nin rotos xa non existen. Polo tanto non hai nada normal na praia das Catedrais. Aquelo que é de competencia municipal está totalmente abandonado. As sinalizacións de aparcamento para discapacitados están rotas as sinais e as que non están rotas están tiradas”.
Vega critica que “aparte de que non hai ningún proxecto, non hai ningunha planificación sobre a praia das Catedrais, o que non hai tampouco é un cumprimento das labores por parte do señor Suárez. Polo tanto pídolle que fale menos e faga máis. Eu prefiro políticos que falen pouco e fagan moito. Iso é o que vai facer o noso goberno, que vai presentar un proxecto respaldado por un orzamento para a praia das Catedrais, e tamén imos cumprir as nosas funcións da limpeza e de conservación dese lugar”.

Exit mobile version