Villares representou neste encontro ao municipalismo galego, xunto ao Presidente do organismo e alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García. O rexedor cervense precisou que se abordaron temas relevantes para o municipalismo, e que se constatou que aínda queda moito camiño por percorrer, e fixo fincapé, por exemplo, “nos impedimentos que a lei estatal pon ás entidades locais á hora de facer uso do remanente de tesourería”.