Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a concelleira de Servizos Sociais, Noelia Mª Ben, repartiron entre os nenos e nenas dos Ceips e escolas infantis da localidade exemplares do libro “Os Bolechas van en barco por Burela”

Trátase dunha publicación ambientada no concello e coa que se pretenden traballar a igualdade e a coeducación entre os/as máis pequenos/as. A actividade está enmarcada na programación dedicada ao Dia Internacional das Mulleres, celebrado o pasado 8 de marzo.

Exit mobile version