Sobre o polígono industrial, o Concello fixo todos os traballos que lle corresponden para a súa legalización, estando agora pendente de que a Xunta de Galicia inscriba os novos terreos no Rexistro de Planeamento para poder conceder novas licenzas ás empresas interesadas.
Ao respecto do turismo, o Concello está traballando en novos e importantes proxectos como na mellora das Rutas da Minas ou na posta en valor da área recreativa do Boulloso onde se van a restaurar un forno. De feito, o Concello investiu 145.000 euros na totalidade do proxecto.
Descoñecemento ou mentiras?
“O voceiro do Partido Popular debería coñecer toda esta información, pois o Concello traballa con absoluta transparencia, podendo dirixirse en calquera momento aos traballadores municipais para acadar a documentación que requira. Ou ben mente ou demostra un absoluto descoñecemento e preocupación pola Pontenova ante as falsas acusacións públicas que fixo”.
Así o apuntou o Tenente de Alcalde. Francisco Martínez Bermúdez subliñou que “as persoas que integramos o goberno municipal somos pontenoveses que nos preocupamos e atendemos día tras días ás necesidades do noso Concello como veciños máis que somos. Vivimos e traballamos pola Pontenova, estando sempre a disposición dos nosos veciños, compañeiros e amigos. Pode que isto non o saiba o voceiro do PP, pois é notable a súa ausencia”.
Acudir ao Pleno: única preocupación do voceiro do PP pola Pontenova
“Acude á Pontenova só por motivos laborais e ao Concello exclusivamente cando hai Pleno. Nin o vimos en citas nas que participamos todos os veciños da Pontenova como a Feira de Antigüidades, a Festa do Troita, a da Malla ou o Baixeo, entre outras. Non fixo nin unha soa proposta polo Concello máis alá de pedir que se poña en marcha o tren da Pontenova a Ribadeo. Cando menos, podería pedirlle aos seus compañeiros do PP que axilice a inscrición para a legalización do polígono e poder dar licencias”.