A Mariña, 15 de marzo de 2019.- O vindeiro 30 de marzo Mariña Patrimonio organiza unha visita guiada a Foz para coñecer o seu patrimonio civil e relixioso. Nesta visita, ademais de percorrer lugares emblemáticos da vila, achegarémonos ata a Frouxeira, San Martiño e Vilaronte.
De haber un número suficiente de persoas interesadas en participar nesta actividade, os desprazamentos faríanse en bus, que sairía de Viveiro e faría paradas intermedias ata chegar a Foz. As persoas que veñan doutra zona, e tamén as de Foz, poderían incorporarse ao bus para desprazárense ata os diferentes lugares da visita.
Antes de reanudar as actividades da tarde, haberá un xantar no que poderán participar todas as persoas que o desexen.
Para poder organizar axeitadamente esta saída, a data límite para anotarse é o próximo xoves 21 de marzo, indicando o nome, se é socia/o ou non, así como as opcións que lle interesen respecto ao bus e ao xantar. O venres 22 de marzo informarase sobre o importe que se deberá ingresar en función das opcións elixidas.
A xornada desenvolverase ao longo da mañá de 10.00h a 14.00h e continuará pola tarde de 16.00h a 19.00h.
Para poder organizar axeitadamente esta saída, a data límite para anotarse é o próximo xoves 21 de marzo.
Máis en información en: https://mrpatrimonio.blogspot.com/2019/03/visita-polo-patrimonio-civil-e.html