No curso ademais realizáronse exames coma o de Miguel A. Rojo que acadou o 3º Dan da disciplina
Alfonso Villares destacou o compromiso do municipio coas actividades relacionadas coas Artes Marciais e salientou que as instalacións deportivas están para utilizarse, a súa vez quixo agradecer o empuxe que tódolos practicantes están a realizar, e é que a Escola de Artes Marciais de Cervo está a ter unha boa acollida entre os nenos da localidade e conta con 26 licencias na Federación Galega de Kárate na modalidade de TaiJitsu. Jan Janssens salientou o enorme esforzo que supón para unha localidade como Cervo e a predisposición coa que sempre se encontra para a realización deste tipo de actividades.