Site icon Crónica3.com A Mariña

“Foz, Plataforma de Futuro” solicítalle ó Alcalde e ó seu equipo de goberno que procedan substituir a varanda metálica do parque Martinez Otero, reformar a rexa de recolida de auga da rúa Fonte da Cruz e repoñer a rede metálica da pista polideportiva de Nois

Foz a 03 de Marzo de 2019. Os Concelleiros do grupo Municipal de “Foz, Plataforma de Futuro” trasladaron no último Pleno do Concello de Foz do mes de Febreiro, varias reclamacións para mellorar a vida dos veciños e veciñas do noso Concello.

Solicitaron:

Cambiar a varanda metálica que hai no parque Martínez Otero. Parque que nos últimos tempos foi mellorado considerablemente pero que deixaron sin substituir esta varanda, dando verdadeiramente pena vela e resultando moi perigosa.

Substituír a rexa que recolle a auga na Rúa Fonte da cruz, rúa que foi reformada importantemente e ancheada con realización de beirarrúas a petición do noso grupo político, pero que quedou sen substituir esta rexa que dificulta importantemente o paso de vehículos.

Colocar a rede piremetral da pista polideportiva de Nois, rede que foi retirada pola denuncia do noso grupo Municipal polo seu mal estado, e que é necesaria a súa reposición para garantir a seguridade dos nenos e nenas que usan esta instalación desta parroquia.

Esperemos que o Equipo de Goberno do PP do noso Concello faga caso a estas revindicacións xustas e necesarias para mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas.

Exit mobile version