Brais participaría en duas disciplinas, sendo ás 10.30 h. o turno do lanzamento de peso. Dentro dos tres lanzamentos iniciais, Brais conseguiría unha mellor marca de 9,10 m., o que lle daría o pase á tanda de mellora. Nésta sería onde Brais se atoparía máis cómodo, cuns lanzamentos de 9,53-10,15-9,87, o que o levaría a superar o seu mellor rexistro ata a data en 81 cms., acadando a 3ª posición da proba.
Unha hora máis tarde participaba a modo de test, nunha disciplina que non é a sua, os 80 m.l., distancia que percorrería en 13,51 seg., tempo moi similar ó seu mellor rexistro.
Con este control, Brais comeza con boas sensacións a temporada de Aire libre, que o levará o próximo domingo día 7 de abril a participar na Fase previa provincial de atletismo escolar en pista, que terá lugar nas pistas Gregorio Pérez Rivera de Lugo.