Site icon Crónica3.com A Mariña

Este xoves e venres, as monitoras de Gaia do Concello de Burela están a realizar unha actividade de educación ambiental cos alumnos de Infantil do CEIP Virxe do Carme

A través dun conto personalizado, O Señor Encoro e a choiva, os máis pequenos aprenden a importancia de non malgastar a auga, “e como no noso día a día podemos ser máis sostibles cuns sinxelos xestos”, explican as monitoras de Gaia.

Exit mobile version