Pedro Fraga anunciou hoxe que “este sábado 9 vai haber unha presentación, aproveitando que fixemos unha recente apertura en Ribadeo, concretamente no hipermercado Eroski, onde temos unha axencia nova de Eroski Viaxes. Imos facer a presentación de destinos especiais para este 2019 entre os que destacaría os viaxes en grupo, que son bastante coñecidos na zona. Son viaxes que teñen a característica de que saen desde A Mariña, en autobús, con voos directos desde Santiago e Asturias”.
O xerente de Eroski Viaxes en Burela e Ribadeo adianta que “este ano imos ter unha viaxe estrela, que vai ser a Egipto con vo directo desde Santiago a Luxor, que é algo máis que novidoso. Ademais temos un Dubrovnik en Semana Santa, con voo directo desde Asturias, e imos inaugurar un barco novo de Costa Cruceros, o Costa Esmeralda, polo mes de outubro. Tamén teremos algunha alternativa máis, que presentaremos este sábado. Para axudarnos a facer a presentación vannos acompañar tres maioristas e alto nivel e moi coñecidos: Mapatours, Costa Cruceros e Politours”.
Pedro Fraga explica que “a presentación vai durar aproximadamente unha hora e invitamos a todo o mundo a que se achegue ao Voar o sábado 9 ás oito da tarde. Aproveitando que facemos a presentación sortearemos algún paquete de fin de semana con estancias e haberá algunha sorpresa máis”.