Xoves, 7 de marzo: ás 13:00 h. na Praza do Concello, coa participación do alumnado do IES Illa de Sarón, concentración e lectura do Manifesto Pola Igualdade”. Coa colaboración do IES Illa de Sarón.
Do 8 ao 15 de marzo: Exposición “Mulleres de Hoxe”, realizada polo alumnado do IES Illa de Sarón.
Domingo, 10 de marzo: a partir das 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, XI CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”. Acto dirixido a todas as mulleres do Concello.
Xoves, 14 de marzo: de 17:00 a 19:00 h. no Centro Xuvenil, OBRADOIRO “Quérote +” BERRANDO SOLUCIÓNS. Este obradoiro vai dirixido á mocidade de idades comprendidas entre os 13 e 0s 17 anos. Inscrición ata o 11 de marzo, no Centro Xuvenil.
Venres, 15 de marzo: de 16:00 a 20:00 h. na Aula Multideportiva do Concello, OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL FEMININA. Coa participación do Club Defensa Personal y Policial HKF. Preinscrición na OMIX ata o mércores 13 de marzo.