Site icon Crónica3.com A Mariña

Costas empeza obras de conservación do litoral en catro concellos da Mariña

Lugo, 26 de marzo de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe do comezo de catro actuacións que leva a cabo, na Mariña, o Ministerio de Transición Ecolóxica e que están incluídas, xunto con outras actuacións previstas para a totalidade dos concellos da comarca, dentro da programación de conservación e mantemento do litoral da provincia de Lugo.

A Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar pon en marcha nestes días, de xeito escalonado, as obras de acondicionamento do litoral nos concellos de Burela, Foz, Ribadeo e Viveiro. O obxectivo é telas rematadas para a Semana Santa.

Os traballos deron comezo a semana pasada en Viveiro, onde se está a executar un proxecto para mellorar o acceso occidental á praia de Area.

En Burela empezaron onte, luns, as obras para a creación dun novo acceso dende o paseo á praia urbana do Portelo.

Esta tarde darán comezo en Ribadeo os traballos destinados á creación dun acceso para uso marítimo deportivo na Casa das Algas en Vilavella.

E mañá, mércores, comezará a cuarta das actuacións consistente na creación dunhas escaleras de acceso á praia de Arealonga, no municipio de Foz.

A Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar destina un presuposto de 223.877 euros a este plan de realización de melloras no litoral da provincia, que inclúe actuacións en todos os concellos da comarca da Mariña.

As obras que se realizan ao abeiro deste programa do Ministerio para a Transición Ecolóxica responden as necesidades e demandas dos distintos concellos da comarca da Mariña, co obxectivo de adecuar a costa mariñá á chegada do verán.

Exit mobile version