Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia aposta pola implantación de empresas en Burela

Burela 27-3-19. Diante do fracaso da política empresarial do Sr. Llano e o seu equipo socialista faise necesaria unha acción concreta. O PSOE non foi quen de xerar solo industrial nin de xerar novo asentamento empresarial, polo contrario vemos como empresas de Burela deslocalizan a súa actividade ou pechan.

En CxG temos medidas concretas:

1. Creación dun viveiro de empresas na estación en colaboración con ADIF. (proposta xa presentada)

2. Liña de axuda concreta, eliminación do imposto de tracción mecánica para o segundo vehículo de autónomos e empresas, sempre que sexa comprado en Burela.

3. Posta en marcha da OFICINA MUNICIPAL DE CAPTACIÓN EMPRESARIA, coa colaboración da USC. Contratación directa dunha equipa multidisciplinar de traballo para que estean nos polos de movemento empresarial, buscando empresas que invistan en Burela no marco da axenda 2020 da UE. Esta oficina terá a función de estar presente nas feiras e actos de acción empresarial, e funcionará por obxectivos, sendo un lobbie da marca Burela Emprende.

Burela leva catro a nos freada na acción empresarial, son grandes as ameazas: BREXIT e Alcoa e o traballo do Concello foi 0, o PSOE non ten máis capacidade que a de cambiar farolas e semáforos.

Exit mobile version