Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza a campaña Orgullos@s de ser de Lugo

Lugo, 31de marzo de 2019.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, a Alcaldesa de Lugo e Presidenta do partido, Lara Méndez López, e o Presidente da Deputación Darío Campos Conde, presentaron este domingo na capital lucense a campaña Orgullos@s de ser de Lugo. Trátase da novidosa iniciativa que o PSOE Provincial puxo en marcha nas rúas e nas redes sociais para poñer en valor “todo o que une aos 300.000 lucenses”. Os socialistas repartiron obsequios, a todos as persoas que se sacaban unha fotografía no photocall situado na praza da soidade, co lema da camaña, como camisetas, moedeiros, bolsas, paraugas…

Os socialistas destacaron que é unha campaña co que se pretende poñer por encima das siglas, da ideoloxía o valor de ser de un sitio e as emocións que xera a pertenza a un territorio. “Estamos orgullosos de ser de Lugo, da cidade, do rural, da Montaña, da Ribeira Sacra, da Terra Chá, da Mariña, da Ulloa, en definitiva, dunha provincia de contrastes que é marabillosa e que é moi rica. Queremos difundir o que a xente sinte pola súa provincia e que se enchan as rúas do orgullo de ser de Lugo”, subliñaron.

#OrgullosodeSerdeLugo
Para participar na campaña Orgullos@s de ser de Lugo as persoas interesadas deberán publicar un vídeo, unha foto ou un texto en Instagram co hahstag #OrgullosodeSerdeLugo. Hai dispoñible máis información e un vídeo tutorial de como participar en www.orgullosadeserdelugo.gal ewww.orgullosodeserdelugo.gal.

Exit mobile version