Santos Ramos subliñou que “dende o ano 2013, Alcoa está sometida aos vaivéns de non ter unha tarifa eléctrica estable, coa desaparición da tarifa G4 á que se acollía antes, perdendo estabilidade. O PP optou por un modelo de poxa no que cada 6 meses Alcoa ten que participar en unha co risco de poder adquirir a enerxía a un prezo competitivo ou non. Isto impide que se xere estabilidade nas plantas e polo tanto que non haxa estabilidade para os traballadores de Alcoa”.
O Goberno do Estado elaborou un estatuto para corrixir as deficiencias do PP
“Hoxe, os socialistas estamos aquí, acompañando aos traballadores diante do Congreso dos Deputados e reivindicando unhas condicións enerxéticas que permitan maior estabilidade para a industria e polo tanto para o emprego. Hai que poñer en valor que o Goberno do PSOE non se agochou en ningún momento e adoptou as medidas para impulsar os cambios necesarios que corrixan a situación das industrias electrointensivas. Se estamos aquí é porque hai un estatuto das industrias electrointensivas encima da mesa que pode recoller achegas, melloras e polo tanto crear un marco de estabilidade para a industria, que permita, deste xeito, un marco de estabilidade no emprego”, destacou o Secretario Provincial.
Os socialistas sempre defendendo aos traballadores de Alcoa
Santos Ramos apuntou que “o Partido Socialista sempre estivo cos traballadores de Alcoa. Estivo cando o PP nin os recibía e acometía as medidas para obrigar á industria a ir a poxas inseguras e incertas cada 6 meses e seguimos agora, cun escenario moito mellor para os traballadores de Alcoa, impulsando un modelo de estabilidade enerxética para a industria electrintensiva. Polo tanto, hoxe, aquí pelexando e traballando coma sempre por algo capital e estrutural da mariña lucense, que afecta a unhas 2.000 familias, e polo tanto ao conxunto da provincia de Lugo”