Ademais de asistir ó musical os alumnos e alumnas do colexio Sagrado Corazón visitaron outros lugares de interese de Madrid, como o museo Arqueolóxico e o Reina Sofía. Tamén realizaron unha visita guiada pola cidade, á catedral de La Almudena, ao parque de El Retiro e gozaron dun concerto de bandas sonoras da Orquesta Nacional de España.