Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta está a instalar unha marquesiña no porto do Vicedo que solicitaron usuarios do peirao

O Vicedo, 29 de marzo de 2019.- O ente público Portos de Galicia, que depende da Consellería do Mar, está a instalar unha marquesiña no porto do Vicedo atendendo á solicitude que realizaron usuarios do peirao, principalmente mariñeiros e veciños xubilados que utilizan o espazo no seu tempo de ocio e lecer.
A marquesiña está practicamente lista á falta dalgún pequeno remate, que quedará completado nos vindeiros días. Incorpora un banco continuo, cristaleiras e cuberta, para que protexa da auga e do vento e poida ser utilizada en calquera circunstancia.

Exit mobile version