Nesta convocatoria, a Plataforma Sanitaria da Mariña esixirá ao Goberno da Xunta a eliminación dos recortes, rematar coa situación marxinal da Atención Primaria, a recuperación da área sanitaria roubada, a dotación axeitada dos PACs , a dotación de máis servizos e persoal para o Hospital da Mariña , e a recuperación de todos os servizos perdidos. Anímase ás traballadoras e traballadores a saír ás rúas de Burela este xoves ás sete e media da tarde na defensa dunha sanidade pública de calidade e de proximidade.