Con esta colaboración a entidade lucense disporá de 37.500 euros para os gastos que se consideran subvencionables a través destes convenios, entre os que se atopan os de contratación de persoal, amortizacións, financiamento de gastos correntes como arrendamentos, reparacións e material de oficina ou indemnizacións por razón de servizo, entre outros.
Para o control deste convenio crearase unha comisión de seguimento composta por dous membros a designar por cada unha das partes asinantes. Por parte da federación serán o presidente e o secretario e os outros dous membros dependerán da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar. A vixencia desta colaboración é ata o 31 de decembro de 2019. O convenio coa federación provincial de Pontevedra asinarase en vindeiros días.