Ribadeo, 2 de marzo de 2019.- A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, anunciou a inminente licitación das obras de dragado que se executarán na canle de acceso ao porto comercial de Mirasol e na entrada da bocana da dársena náutica de Ribadeo.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que o Goberno galego iniciará durante este mes o proceso de contratación desta obra, que conta cun orzamento de 500.000 euros.
A administración autonómica responde así a unha demanda dos usuarios e consignatarios do porto comercial e dos propietarios das embarcacións que fan uso dos amarres náuticos no porto deportivo da localidade. A dragaxe permitirá incrementar o calado e operatividade de ambas instalacións.
No que respecta ao peirao comercial de Mirasol o obxectivo da Xunta e conseguir un calado de mínimo catro metros e para iso prevese a draga nunha superficie aproximada de 26.000 m2 e 17.000 m3
Como curiosidade, Balseiro apuntou que o galeón afundido en Ribadeo non se verá afectado pola obra, pero si está próximo aos límites da zona de actuación, por iso é necesario balizala axeitadamente con boias para asegurar a súa protección.
Pola súa banda, a zona de dragado da bocana náutica deortiva céntrase nas zonas próximas aos pantaláns e nunha superficie de 2.300 m2 e 2.000 m3 na que se busca garantir un calado de 3 metros.
“Nas dúas zonas a draga farase por medios mecánicos marítimos (métodos de succión) que garantan poder cumprir os prazos de execución e manter no tempo os novos calados existentes”
A Xunta ten autorizado un punto de vertido do material a 12 millas náuticas desde o porto de Ribadeo