O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, explicou que “este vindeiro luns, día 18, ás seis da tarde teremos unha xornada de portas abertas para visitar a nova residencia e centro de día de Foz. Están invitados todos os colectivos e asociacións culturais, sociais e de veciños a ver por primeira vez as instalacións da nosa residencia, para que poidan apreciar a boa calidade desa infraestrutura e o completo equipamento deste novo servizo, que empezará a funcionar en poucos días. Subiremos xa ás novas instalacións aos avós do asilo a partir do día 25 deste mes e progresivamente iremos dando entrada tamén a aquelas persoas que o vaian solicitando”.
O rexedor municipal engadiu que “na xornada de portas abertas estarán, loxicamente, os responsables da empresa Idea Soluciones, que vai xestionar o centro durante estes próximos catro anos. Quedan todos os veciños invitados a pasar pola residencia o próximo luns ás seis da tarde, se queren ver e visitar estas grandes instalacións que en pouco tempo imos estrear”.