Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación achegou nos últimos anos máis de 200.000 euros para finalizar as obras da Casa do Concello de Abadín

Lugo, 4 de marzo de 2019. A Deputada de Economía e Facenda, Mayra García Bermúdez, xunto con outras autoridades, participou na inauguración da Casa do Concello de Abadín. O Goberno Provincial achegou en 2017, 32.300 euros para o subministro e colocación de falsos teitos, revestimentos interiores, carpintería de madeira, sanitarios e revestimento de escaleiras interiores na casa consistorial.

No 2018, o Executivo Provincial achegou un total de 170.600 euros dos cales 165.000 euros foron destinados rematar coas obras e 5.600 euros destináronse para a adquisición de mobiliario para equipar o edificio. Deste xeito, nestes dous últimos anos, o Executivo Provincial realizou unha achega de máis de 200.000 euros para renovar e modernizar o edificio consistorial.

García Bermúdez sinalou que “despois de moitos anos rematouse un dos proxectos máis esperados do Concello chairego. A casa consistorial permitirá mellorar a atención que se presta aos veciños e que o concello teña unhas instalacións públicas amplas e funcionais. Ademais esta obra permitiralle ao municipio ter un novo salón de actos”.

Exit mobile version