Lugo, 30 de marzo de 2019. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda Maseda, mantiveron un encontro cos 40 arqueiros que, grazas ao club de tiro con arco Castelarco, participan no curso de Monitor de Tiro con Arco no ámbito autonómico da Comunidade de Galicia. O curso consta de 26 horas de formación presencial, práctica e teórica e é necesario para poder exercer como instrutor infantil.
Esta formación, realizarase durante este último fin de semana de marzo e o primeiro de abril, os participantes deben de ter cumprido a maioría de idade e levar federados un mínimo de dous anos.
Rivera Capón explicou que “o deporte cada vez require unha maior tecnificación, e a formación constante é o mellor medio para que os clubs poidan mellorar. Ademais, desde a o Goberno da Deputación apostamos por que todos os veciños da provincia poidan acceder a práctica deportiva de calidade e con variedade para atender aos seus intereses e esta formación forma parte deste compromiso”.
Castelarco leva desde 2007 anos fomentando a práctica do tiro con arco, na actualidade, preto de 20 arqueiros participan no club: “ao obter este título teñen a posibilidade de crear escolas deportivas para que os máis pequenos tamén poidan achegarse a este deporte como parte da súa formación integral, pois serve, ensinándolles a importancia da concentración e a paciencia entre outros valores” asegurou Rivera Capón.
Programación e horario
Sábado 30 de marzo:
10:00 horas – Presentación: Qué é ser monitor?: Didáctica e pedagoxía.
14:00 horas – Comida.
16:00 horas – Técnica, todas as modalidades. Defectos na técnica.
20:00 horas – Fin da xornada.
Domingo 31 de marzo
9:00 horas – Anatomía, lesións. Nutrición, dopaxe: Psicoloxía aplicada ao tiro con arco.
14:00 horas – Comida.
16:00 horas – Habilidades básicas e xogos: Táctica e estratexia. Calentamento e estiramentos.
19:00 horas – Fin da xornada.
Sábado 6 de abril
10:00 horas – Regulamentos: Seguridade, planificación e adestramento.
14.00 horas – Comida.
16:00 horas – Elección do material e posta a punto.
20:00 horas – Fin de la xornada