Site icon Crónica3.com A Mariña

3 ouros, 1 prata e 1 bronce foron as medallas acadadas polos atletas do C.D.Egovarros-Viveiro, no campionato galego de veteráns de 5 km en ruta

Viveiro 18-3-19. O pasado domingo celebrouse na localidade de As Pontes, o campionato de 5 km en ruta, cunha participación de máis de 300 atletas que representaban a maioría dos clubs galegos, nunha mañá fría e chuviosa e nun circuíto con parte de subida e de baixada, o club viveirense estivo representado por 16 atletas, no que destacaron as medallas de ouro acadadas por: en W60, Elisa Paz, en M65, Domingo Álvarez e en M55, Emilio Martínez. A medalla de prata foi acadada en W65 por Mari Luz Sanmartín e a súa compañeira Begoña de Arriba en W60 acadou a de bronce. Outros atletas estiveron moi cerca do podium, como na categoría de M65 cun Eliseo López que acadou o quinto posto e en M55, Rufino Fernández que facía o seu debut no club tamén acadou o quinto posto. Destaca tamén o debut de dous atletas da categoría prebenxamín na proba popular que foron: Thiago Fernández e Gabriela Fernández.
O próximo campeonato será o galego de milla en ruta que se celebrará en Santiago.

Exit mobile version