activamente na construción dun #8m2019 feminista comarcal, difundindo e promovendo a participación nos distintos encontros locais e comarcais das mulleres que queren ser parte activa neste proceso de construción arredor de Galegas 8M, así como na organización das actividades que terán lugar durante a xornada de folga nas distintas localidades mariñás.
Dentro da programación propia, o Observatorio da Mariña pola Igualdade promove, en Burela, a exposición Mulleres en Marcha, da Marcha Mundial das Mulleres Galiza co obxectivo de visibilizar e achegar a todos os públicos a loita deste movemento e
organización feminista. A mostra inaugurarase o venres, 1 de marzo, ás 20:00h e estará aberta ao público desde ese mesmo día ata o 29 marzo, na sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela.
Ademáis, tendo como base que para entender a importancia do feminismo hai que coñecelo, o Observatorio organiza, en colaboración coa UNED e RadioFoz, un videofórum
que leva por título “Loita de Mulleres, Loita Feminista”. Este proxecto ten por
obxectivo achegar, mediante o cinema, a cidadanía mariñá ao movemento feminista e ao seus esforzos para lograr que as mulleres sexamos cidadás de pleno dereito.
O video-fórum “Loita de Mulleres, Loita Feminista”, que xa será a novena edición,
celebrarase durante catro xoves do mes de marzo, comezando as sesións o día 7 e
rematando o día 28. Os pases terán lugar no salón de actos do IES de Foz, en horario de 19h. a 21h.
Como en anteriores ocasións, poderán solicitarse créditos de libre confguración para
o que será imprescindible inscribirse na actividade, totalmente gratuita, poñéndose
en contacto coa UNED de Foz, ben escribindo un correo electrónico a foz@lugo.uned.es, chamando por teléfono ao 982 13 36 99 ou acudindo presencialmente ás aulas da universidade en Foz (sitas na rúa Castelao, s/n).
As sesións estarán guiadas por socias do Observatorio da Mariña pola Igualdade. A
metodoloxía a seguir consiste en realizar unha breve presentación e contextualización
do flme para, deseguido, realizar o visionado da película que corresponda a cada día.
Posteriormente terá lugar un debate e refexión sobre diferentes aspectos abordados
nas longametraxes, seguindo unha metodoloxía participativa e aberta.