Viveiro 23-2-19. Hai dúas tempadas a Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro, dentro dos seus obxetivos de colaborar co mundo do deporte do noso municipio, poñía en marcha a tarxeta de descontos Sport Play.
Tratase dunha tarxeta de descontos que, se aplica a aqueles deportistas menores de 18 anos, de tódalas entidades deportivas do Concello.
Este ano ponse de novo en marcha a activación de novas tarxetas para todos aqueles rapaces que a queiran solicitar. Só teñen que pasar polas oficinas da Asociación de comerciantes Centro Histórico de Viveiro cunha copia do DNI e do carnet do clube ó que pertencen. A realización da tarxeta é inmediata e poderán empezar a desfrutar de descontos na compra de material deportivo ó utilizar a súa tarxeta Sport Play.
As tendas onde poderán desfrutar do desconto serán, Deportes Don Balón, Podium Sport, Oxígeno Surf, Piti Deportes, Náutica Beagle, Van Surf e Albo Zapaterías.
Xa foron varias as entidades deportivas que solicitaron a tarxeta nas pasadas tempadas, son preto de 200 rapaces os que desfrutan de descontos cas sua tarxetas Sport Play.
Dende a Asociación de comerciantes animamos ó resto de rapaces que practican algún deporte dentro dos clubs deportivos do municipio, e que aínda non a teñen, a que se poñan en contacto ca Asociación e soliciten a súa tarxeta Sport Play.
O Centro comercial Histórico de Viveiro segue apostando polo deporte base desta cidade, acadando ser moito máis que un centro comercial ó poñer en marcha este tipo de iniciativas para apoiar ós distintos sectores, neste caso o deportivo.