22-2-19. Este venres día 22 de febreiro, celebramos no Colexio Martínez Otero de Foz, con numerosas actividades adaptadas aos diferentes niveis, a “FESTA DA SOLIDARIEDADE”. Nesta celebración, que para nós é cada día do ano, pretendemos sensibilizar á comunidade educativa sobre un problema que golpea con forza no mundo como é a falta de alimento. Deste xeito, e con esta celebración, tentamos recadar fondos para colaborar con proxectos que Mans Unidas ten abertos en diversos países do terceiro mundo. Este ano, o lema non deixa lugar a dúbidas: “POLA IGUALDADE E A DIGNIDADE”. Como reza un dos carteis da campaña, “o mundo non necesita máis comida e si máis xente comprometida”.
Así, entre as 13h30 e as 14h30 deste venres 22, tivo lugar o reparto, e consumición, do “bocata solidario”, que os membros da comunidade educativa, que así o desexaron, mercaron a razón de 3,5€. Acto seguido, comezou a “Rifa solidaria”. Cada bocadillo consumido dá dereito a participar nunha rifa na que se sortean 60 lotes de produtos doados por diferentes entidades.