Toda gran infraestrutura presenta impactos de gran calado, pois é moi relevante a dimensión de terreo que ocupa. É por isto que desde o PSOE de Foz quixemos facer desde o primeiro momento unha tarefa didáctica que consideramos fundamental, achegando o Proxecto aos veciños e expoñendo os posibles problemas que poderían ter nas súas propiedades –indica Fran Cajoto-. As reunións programadas en San Martiño, Vilaronte, Marzán e Fazouro contaron con gran afluencia de público e puideron ser resoltas as principais dúbidas da veciñanza.
Tal e como anunciamos no mes de decembro, o PSOE de Foz preparou unhas alegacións para mellorar o Proxecto de Trazado naqueles puntos que consideramos de maior relevancia e que presentamos no día de hoxe, que podemos resumir nas seguintes:
Mellora do Enlace do Carme. Deseño dun enlace completo, con saídas sentido Burela e Barreiros, con desprazamento do enlace ao nordeste para evitar a afección á vivenda existente e o recheo sobre a estrada LU-152 Ferreira – Foz.
Esta modificación permitirá un impulso definitivo ao turismo da Basílica de San Martiño de Mondoñedo, así como un acceso inmediato á autovía dos veciños das parroquias de San Martiño, Vilaronte, Santa Cilla e San Acisclo. Ademais evitará o impacto visual e a afección á vivenda do enlace proxectado na actualidade.
Mellora do Enlace de Foz. Deseño dun carril adicional de subida para o aumento da fluidez de circulación, evitando as retencións que poderían provocar os vehículos pesados. Ademais, solicítase a redución da liña límite de edificación na linde co polígono de Fazouro para favorecer o seu impulso.
Mellora do Enlace de Espiñeira (Barreiros). Prolongación dos catro carrís da autovía ata as bifurcacións existentes actualmente no entronque da Autovía do Cantábrico A-8. Esta mellora favorece a fluidez na circulación e a seguridade vial.
Mellora da permeabilidade na zona da Baesta (Vilaronte – Foz). Substitución do recheo de gran altura –ata 35 metros- por un viaduto na zona da Baesta (Vilaronte) para reducir o impacto visual e mellorar a permeabilidade da infraestrutura aos habitantes do barrio e á fauna salvaxe.
Consideramos fundamental defender os intereses dos veciños, polo que o PSOE de Foz ponse á disposición de todos para calquera cuestión que relativa a este proxecto ou a calquera outro nos queiran plantexar – indica Fran Cajoto, candidato socialista á alcaldía de Foz.